O Concello de Portomarín organiza un campamento para Semana Santa

LugoXa
O Concello de Portomarín organiza un campamento destinado a favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de semana santa
Campamento POrtomarin portada
22 Mar 2023

O Concello de Portomarín a través do programa municipal Portomarín Concilia organiza un campamento de Semana Santa destinado a nenos e nenas entre os 3 e os 16 anos. 

O campamento terá lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril en horario de 9.30 a 14.30 e realzaranse actividades de ocio e tempo libre. 

O prazo de solicitude remata o venres 24 e poderanse realizar a través do rexistro municipal e a sede electrónica municipal. 

Campamento POrtomarin
0.21224999427795