O Concello de Portomarín organiza un Concurso de Postais de Nadal

LugoXa
Os gañadores do concurso recibirán un agasallo durante a celebración da Cabalgata de Reis, nunha xornada máxica que terá lugar en xaneiro
Decoración-Nadal-Portomarín
18 Dec 2024

O Concello de Portomarín pon en marcha o seu tradicional Concurso de Postais de Nadal, dirixido a toda a rapazada matriculada no CEIP Virxe da Luz. Esta iniciativa busca fomentar a creatividade e o espírito do Nadal entre os máis pequenos.

As postais deberán entregarse no buzón de Nadal instalado na recepción do Concello, dispoñible para tal fin desde o 13 de decembro ata o 23 de decembro. Cada meniño poderá participar cunha única postal, que deberá incluír no reverso o seu nome e o curso escolar correspondente.

Os gañadores do concurso recibirán un agasallo durante a celebración da Cabalgata de Reis, nunha xornada máxica que terá lugar en xaneiro.

Dende o Concello animan a todos os nenos e nenas a participar nesta actividade e a compartir a súa visión do Nadal a través da súa creatividade artística.

0.16972804069519