O Concello de Portomarín vende unha vivenda no centro da localidade

LugoXa
O Concello de Portomarín cende unha vivenda no centro da localidade co obxectivo de invertir nun novo aparcadoiro subterráneo
Concello Portomarin Vivenda
27 Feb 2023

O Concello de Portomarín sacou durante o mes de xaneiro a poxa pública un inmoble situado no centro da localidade, propiedade que conta con aproximadamente uns 150 metros e que saiu ao mercado por un prezo incial de case 290.000 euros.

A poxa do inmoble, que está situado na rúa Fraga Iribarne, recibiu dúas ofertas sendo finalmente a máis elevada a que se fixo ca propiedade do inmoble. O obxectivo destes novos propietarios é a súa reforma para ampliar un negocio de hostal que xa rexentan na actualidade na localidade.

Pola súa banda o Concello de Portomarín vai destinar os ingresos obtidos deste proceso a realizar a construción dun aparcadoiro subterráneo que estará ubicado no Campo da Feira. Este proxecto será cofinanciado a través dun convenio de colaboración coa Xunta.

O Concello de Portomarín xa realizou noutra ocasión un proceso similar coa venda de dúas vivendas anexas que serviron para investir na reforma do Pazo de Paredes.

0.19294404983521