O Concello de Portomarín xa é un dos 'Pueblos Mágicos de España'

LugoXa
Portomarín está engadido na lista de Pueblos Mágicos de España que axuda a impulsar o potencial e os recursos locais dos municipios.
pueblos magicos espana
16 Out 2021

O Concello de Portomarín está engadido na lista de Pueblos Mágicos de España que axuda a impulsar o potencial e os recursos locais dos municipios.

Así, Portomarín é o primeiro da provincia de Lugo con este título e o cuarto en Galicia tras Cambados, Combarro e Ribadavia.

A Iniciativa Pueblos Mágicos pretende axudar aos municipios para poñer en valor os seus recursos locais impulsando o Desenvolvemento Turístico Local. Analizamos cada territorio en base a dez áreas de traballo que inclúen Calidade de Vida, Urbanismo, Patrimonio, Festas e Tradicións, Gastronomía e Produtos Locais, Paisaxes, Natureza e outros intanxibles que fan que uns pobos sexan únicos, sexan máxicos.

O Pasaporte da Rede de Pueblos Mágicos de España permite planificar escapadas, para coñecer pobos cunha maxia especial. Pobos máxicos, singulares, únicos. Para gozar da natureza, o patrimonio, as tradicións e festas locais, a gastronomía singular e tamén, para levar a casa, aos amigos, os mellores produtos locais dos nosos Pobos Máxicos.

Viaxar coa familia, os amigos, en parella ou pola túa conta, é ter novas experiencias de vida, bos recordos, descubrir sabores, vivir e compartir o mellor dos Pueblos Mágicos. Ademais segundo se acumulen pobos visitados, pódese optar a obter agasallos que engadir ao premio, que xa é de por se, cada pobo.

pueblos magicos espana 1
0.21966695785522