O Concello de Rábade clausura o Taller de Memoria 2024-2025

LugoXa | TerraChaXa
O taller estivo impartido por Afalu Alzheimer e contou con 35 persoas inscritas
curso-memoria-rabade
30 Jun 2025

O Concello de Rábade celebrou o acto de Clausura do Taller de Memoria do curso 24/25 e a entrega de diplomas aos e ás participantes.

No acto, presidido pola alcaldesa, Reme González, tamén participou o concelleiro José Luis Novo e as monitoras encargadas das actividades, que agradeceron a participaron e boa resposta do alumnado, arredor de 35 persoas.

O taller estivo impartido por Afalu Alzheimer. A actividade volve en outubro. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ao longo do mes de setembro no departamento de Servizos Sociais do Concello de Rábade.

⚙ Configurar cookies
0.1954460144043