O Concello de Rábade prepara unha nova edición do Rapatiando 2021
O Concello de Rábade prepara unha nova edición do Rapatiando 2021 que abrirá as inscricións a partir do 3 de maio. Para participar será necesaria a previa inscrición.
Haberá Escola de maxia os días 7, 14, 21 e 27 de maio para nenos de 5 e 12 anos de 18.00 a 19.00 horas, a última semana de xuño, 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de xuño, e está indicado para nenos de 8 a 16 anos. Tamén haberá un taller de robótica creativa os días 4, 11, 18, 25 de xuño para nenos de 5 a 12 anos de 18.00 a 19.00 horas estas tres actividades serán de balde e no centro sociocultural.
Os días 28, 29, 30 de xuño e 1 e 2 xullo para nenos de 4 a 15 anos no pavillón municipal de 9.00 a 14.00 horas. Esta actividade terá un prezo de 20 euros.
Os 28, 29 e 30 de xuño será o campamento multiaventuras en horario de 10.00 a 21.00 horas para mozos de 1º, 2º 3º de ESO e 1º de BACH. Este campamento costará 50 euros.
Xa por último, o campamento urbano para nenos de 4 a 12 anos de 9.00 a 14.00 horas por un prezo de 20 euros.