O Concello inicia o luns a reconstrución do firme na rúa Salvador de Madariaga

LugoXa
Durante o tempo que duren as obras garantirase o acceso a residentes e ao aparcadoiro a través do treito non afectado
salvador-de-madariaga
23 Aug 2025

A Tenencia de Alcaldía anunciou que o vindeiro luns, 25 de agosto, comezarán as obras de reconstrución do firme na rúa Salvador de Madariaga, cun prazo de execución previsto de catro días.

Os traballos desenvolveranse en dúas fases: a primeira, entre a Avenida Ramón Ferreiro e o inmoble número 16; e a segunda, entre o número 20 e a Praza Bretaña. As actuacións estarán concentradas o luns 25 e o martes 26, co obxectivo de minimizar as molestias na circulación.

Durante o tempo que duren as obras garantirase o acceso a residentes e ao aparcadoiro a través do treito non afectado. Ademais, instalarase sinalización específica para indicar os itinerarios permitidos e prohibidos, facilitando así a seguridade viaria e a mobilidade na zona.

⚙ Configurar cookies
0.38459205627441