O Concello inviste na mellora da accesibilidade na Avenida da Coruña
O Concello inviste 25.470 euros na mellora da accesibilidade na contorna da Avenida da Coruña. “Esta actuación enmárcase nas accións levadas a cabo pola Concellería de Benestar Social, a instancias do Gabinete Municipal de Accesibilidade, coas que buscamos mellorar as condicións de mobilidade do conxunto da veciñanza incidindo na accesibilidade universal e na procura de acadar que o centro urbano sexa integrador, especialmente nesta rúa, que é unha das principais arterias de comunicación de Lugo”, explicou a edil responsable da área, Olga López.
Os traballos que se levarán a cabo, cun prazo de execución de 2 meses, consisten en rebaixes en diversos pasos de peóns e cambio de chan por pavimento sinalizador ao longo da mencionada avenida. En concreto, actuarase nos seguintes emprazamentos:
- Avenida da Coruña con Ronda da Muralla
- Avenida da Coruña esquina con Concepción Arenal
- Avd. da Coruña esquina con Tino Grandio
- Avd. da Coruña á altura do número 112
- Avd. da Coruña á altura do número 154
- Avd. da Coruña á altura do número 180-182
- Avd. da Coruña á altura do número 202
- Avenida da Coruña esquina con Curros Enríquez
- Avenida da Coruña esquina con Illas Cies
- Avd. da Coruña á altura de Monte Faro
- Avd. da Coruña á altura do número 224
- Avd. da Coruña á altura do número 281
- Avd. da Coruña esquina con Farmacia Lavandeira
- Avd. da Coruña altura número 309 y 288
- Avd. da Coruña esquina con Río Ladra
- Avd. da Coruña esquina con rúa Monte Cadramón
- Avd. da Coruña entrada e saída da Estación de Servicio
- Avd. da Coruña esquina con Rúa Ferreiriño
- Avd. da Coruña á altura do número 326
- Avd. da Coruña á altura do número 348
- Avd. da Coruña á altura do número 358
- Avd. da Coruña á altura do número 381
Así, proxéctase a demolición e reposición de pavimentos nos tramos da rolda e nos cruces apuntados, estes últimos para adaptalos ás esixencias actuais de accesibilidade.
Labor premiado en materia de accesibilidade
Estas novas actuacións súmanse ao labor realizado dende a Administración local nos últimos anos, en colaboración co tecido asociativo da cidade, que fixeron merecedora a Lugo de prestixiosos recoñecementos de nivel nacional e internacional, como o Premio Nacional Reina Sofía de Accesibilidade; a distinción de Destino Turístico Accesible de España (2015); a Mención Especial nos Premios Europeos de Accesibilidade -Access City Award- (2016); e a declaración como Cidade Mapcesible pola Fundación Telefónica (2019). O Concello mesmo foi convidado no 2017 pola Comisión Europea a expoñer en Bruxelas o seu modelo de cidade con motivo do Día Europeo da Discapacidade.