O Concello manterá as árbores do Carme e plantará 8 exemplares máis

LugoXa
O Concello manterá as árbores do Carme e plantará 8 exemplares máis, 65 sebes de teixo, 45 xasmíns e 10 m² de parterres con flor dentro da naturalización xa prevista no proxecto.
obras o carme portada
3 Oct 2023

O Concello manterá as árbores do Carme e plantará 8 exemplares máis, 65 sebes de teixo, 45 xasmíns e 10 m² de parterres con flor dentro da naturalización xa prevista no proxecto.

"Tal e como o Goberno local anunciou dende o primeiro momento no que se presentou o proxecto e se foi recordando en todos e cada un dos comunicados cos que se daba conta do avance do procedemento de licitación e adxudicación da obra de rexeneración do Carme, esta intervención nunha das contornas máis emblemáticas de Lugo implica tamén a súa naturalización", indicaron desde fontes muncipais.

E, segundo o xa informado en todas esas ocasións, a actuación inclúe non só a peonalización e humanización deste espazo senón tamén o acondicionamento dos xardíns, que se reordenarán e ampliarán, mellorándoos con céspede e flores novas.

Se ben xa se constataba no propio proxecto a existencia de árbores enfermas, se explicou tamén, en todas as ocasións nas que se facilitou información pública ao respecto, que eses exemplares enfermos serían substituídos por outros e se trasladou, igualmente, que se mantería o resto do arboredo - especialmente o de maior porte - e se colocarían máis unidades tanto de árbores como de sebes e flores.

Así, os traballos executados onte – a pesar de que a obra leva en marcha dende o pasado mes de xullo – consistiron, entre outras tarefas, na retirada de un único teixo, que estaba enfermo e que será a única árbore que se vai talar, xa que os outros se manterán no seu emprazamento actual.

Con relación ao teixo eliminado, este se substituirá por outro de menor volume que será plantado un pouco desprazado con relación ao anterior para evitar que coincida cun bordo e para propiciar que o espazo no que se ubica sexa máis diáfano. O resto de árbores se manterán e acondicionarán.

Tamén se plantarán 65 sebes de teixos baixos, 45 xasmíns para embelecer o muro da Rolda da Muralla, 8 robinias ao longo da rúa do Carme, especie escollida por ser unha das máis habituais na decoración de xardíns e parques urbanos, empregada con frecuencia debido á súa resistencia, especialmente á seca; 287 m² de céspede rústico de gramíneas e outros 10 m² de parterres con flor de tempada que ornamentarán a zona axardinada.

Así mesmo, se colocará malla antiherbas e se disporá unha cubrición decorativa en diferentes zonas do terreo.

Dende o Goberno local incídese en que a actuación –que conta coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por axustarse a todos os requirimentos de protección establecidos- "é totalmente respectuosa coa contorna, tanto polo calado da modificación que se está levando a cabo como polos materiais empregados".

A rexeneración en marcha se enmarca na estratexia da alcaldesa, Lara Méndez, para recuperar o barrio do Carme, uníndose á mellora xa realizada no propio Camiño e na Vía XIX coa que se impulsa a transformación completa do barrio tanto no aspecto urbanístico, como arquitectónico, económico e social, que actualmente sofre un elevado grao de deterioro, polo que alén da reforma que experimentará a súa urbanización, se instalará, alén do arboredo antes referido (65 sebes de teixos baixos, 45 xasmíns para embelecer o muro da Rolda da Muralla, 8 Robinias ao longo da rúa do Carme, 287 m² de céspede rústico de gramíneas e 10 m² de parterres con flor de tempada que ornamentarán a zona axardinada), un novo mobiliario urbano para dotar de maior confortabilidade todo o espazo e se mellorará a súa iluminación, atendendo a criterios de seguridade vinculada coa perspectiva de xénero.

O proxecto está cofinanciado nun 80% con fondos Feder da estratexia DUSI Muramiñae.

obras o carme

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18266010284424