O Concello mellorará a recollida pluvial da Domus de Mitreo

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo mejorará la recogida pluvial del Domus de Mitreo de Lugo con el fin de garantizar mayor seguridad de sus obras.
rurben arroxo domus mitreo
21 Mar 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, visitaron as instalacións da Domus do Mitreo xunto coa Vicerreitora de Coordinación da USC, Montse Valcárcel. Rubén Arroxo anunciou que “desde o Goberno de Lugo traballaremos para solucionar as filtracións da Domus do Mitreo”, e engadiu “desde o Concello coordinarémonos para executar as obras en conxunto coa actuación planificada pola Xunta de Galiza”.

O tenente alcalde destacou que “deste xeito solucionamos unha solicitude da USC, que nos permitirá mellorar a calidade das instalacións da Domus do Mitreo e dos restos que aí se expoñen”. Rubén Arroxo explicou que os traballos que planificará o Concello de Lugo se executarán na zona da Muralla, na parte posterior da Domus, e consistirán na mellora da recollida de augas pluviais da zona.

“A Domus do Mitreo está situada nunha das zonas máis importantes da cidade, onde conflúen os tres patrimonios da humanidade cos que conta Lugo”, afirmou Rubén Arroxo, que destacou “a importancia destas instalacións na programación cultural de Lugo, ao acoller unha gran parte da programación do convenio Lugo Cultural, onde a USC, e as áreas de Cultura da Deptuación e do Concello se unen para achegar actividades culturais de calidade”.

0.27481389045715