O Concello ofrece formación gratuíta para prepara ó comercio para o Nadal

LugoXa
O Concello de Lugo quere axudar ao comercio lucense a súa posta a punto para a campaña de vendas no Nadal con formación gratuíta
Asesoramento escaparatismo nadal
11 Nov 2022

O Concello de Lugo quere axudar ao comercio lucense a súa posta a punto para a campaña de vendas no Nadal. Para iso, no marco da campaña Nadalmente Lucense, ofrecerá formación e asesoramento in situ sobre escaparatismo, iluminación e packaging (envoltorios dos productos) aos establecementos comerciais e hosteleiros de Lugo, adheridos ao movemento Localmente Lucense.

Así o avanzou a rexedora, quen subliñou que “seguimos a achegar ferramentas aos emprendedores da cidade para que maximicen as súas posibilidades de negocio, dando un valor engadido ao seu producto, especialmente de cara á campaña navideña que comezará nas vindeiras datas”.

Neste senso, Lara Méndez explicou que “un equipo de profesionais poñerase a dispor dos comercios ou establecementos que así o desexen para asesorar, formar e sacar o maior proveito dos seus escaparates e locais; tamén se lles facilitará información e trucos para o aforro enerxético e a distribución dos seus produtos dunha forma sostible e creativa”.

Esta iniciativa enmárcase no Plan de dinamización do pequeno comercio e da hostalería e consiste en que un equipo de profesionais poñerase a disposición dos comercios ou establecementos que o desexen para asesorar, formar e sacar o maior proveito dos seus escaparates e locais este nadal. Tamén se facilitará información e trucos para o aforro enerxético e a distribución dos seus produtos dunha forma sostible e creativa. En total haberá 500 prazas dispoñibles e os interesados deberán inscribirse a través desta páxina web.

Apoio ao comercio de proximidade

A alcaldesa anunciou que “nos vindeiros días daremos conta de novas actuacións e iniciativas para promover o comercio de proximidade durante o Nadal; iniciativas coas que seguimos a traballar para impulsar e dinamizar un dos sectores máis importantes da nosa economía”.

Neste senso, Lara Méndez lembrou que hoxe mesmo o Concello recibirá un accésit outorgado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo polo “apoio do executivo a este sector” no marco dos Premios Nacionais de Comercio Interior 2022 convocados pola Secretaría de Estado de Comercio.

Localmente Lucense

O movemento Localmente Lucense enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo lanzada pola rexedora, Lara Méndez, trala pandemia, que inclúe dous piares: o ‘Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial’, dentro do cal se realizan, ademais dos almorzos de negocios, charlas con empresarios locais e expertos nacionais; programas de formación, cine ao aire libre, xornadas de portas abertas nos viveiros de empresas do Concello e actividades de dinamización polo Día Internacional do Emprendemento.

E, por outra, se impulsa o ‘Plan de dinamización de barrios’, que se desenvolve por cinco zonas da cidade, que alcanzan a todos os barrios lucenses, e que contempla a realización de actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín, Nadal, Samaín, rebaixas de inverno e de verán; ou a organización de mercadiños, así como actividades especiais en barrios como A Tinería.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19732403755188