O Concello pecha temporalmente as Caldas para eliminar unha bacteria común

LugoXa
O Concello pecha temporalmente as Caldas para eliminar unha bacteria común detectada durante os controis ordinarios
CALDAS MINO LUGO
30 May 2023

Para erradicar a presenza de Pseudomonas, frecuente na natureza e especialmente en ambientes húmidos, a área de Medio Ambiente está a realizar un tratamento de choque no conxunto das instalacións.

A área de Medio Ambiente informa de que as Caldas do Miño permanecerán pechadas nos vindeiros días trala aparición de pseudomonas nos vasos de auga quente da instalación.

A presenza desta bacteria - moi común e tamén moi frecuente na natureza, especialmente, en ambientes húmidos – foi detectada durante os controis ordinarios que o Concello realiza periodicamente para verificar a calidade da auga.

Tras proceder ao baleirado dos Caldas, a área de Medio Ambiente está a levar a cabo nesta xornada un tratamento de choque e a desinfección integral e limpeza de todas as dotacións (vasos, circuítos, filtros, skimmer, etc). Está previsto que o xoves, a primeira hora da mañá, se realice unha nova toma de mostras e se repita a analítica para verificar a correción de todos os parámetros. Os resultados serán remitidos a Sanidade para a súa validación e posterior apertura do centro.

Igualmente, o Concello informa que todas as persoas que tiñan concertado o acceso ás Caldas tanto hoxe como mañá verán canceladas as súas reservas e que a aplicación non permitirá realizar outras novas ata que a situación volva a normalidade e poida abrir ao público, o que se agarda se produza entre esta fin de semana e o luns.

0.16373705863953