O Concello presenta o programa do San Froilán Miúdo

LugoXa
O tenente alcalde presentou as actividades do San Froilán Miúdo, “21 espectáculos de diferentes estilos para público familiar, que terán o seu escenario principal na carpa do aparcadoiro do Seminario, pero que tamén contarán con espectáculos itinerantes que encherán as rúas de animación”.
actividades maxia san froilan
11 Sep 2023

O tenente alcalde presentou as actividades do San Froilán Miúdo, “21 espectáculos de diferentes estilos para público familiar, que terán o seu escenario principal na carpa do aparcadoiro do Seminario, pero que tamén contarán con espectáculos itinerantes que encherán as rúas de animación”.

O San Froilán Miúdo conta cunha selección de espectáculos de baile, xogos tradicionais, teatro, animación de rúa e actividades itinerantes a cargo de compañías con recoñecemento a nivel galego, estatal e internacional. “Lugo conta cunha importante programación para público familiar ao longo do ano, no San Froilán continuamos a achegar ás rúas de Lugo unha serie de espectáculos de calidade para as máis pequenas e pequenos”, explicou Arroxo.

Programa San Froilán Miúdo

Mércores 4:

  • 18.30 h. Ritmo Lugo. Exhibicións de baile na Carpa do San Froilán Miúdo.

Xoves 5:

  • 11.00 h. “Xogos XL do mundo” de Ludiespai na Carpa do San Froilán Miúdo. Colección de xogos de madeira para as persoas dos 3 aos 103 anos. Dende ás 11 h até ás 14 h e das 16h até ás 18h.
  • 12.30 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza Maior (fronte á Casa do Concello).
  • 17.30 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza Maior (fronte á Casa do Concello).
  • 18.30 h. “A punta do meu nariz” de Kolektivo Kónikas na Carpa do San Froilán Miúdo.

Venres 6:

  • 17.00 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza da Soidade.
  • 18.30 h. “The Crazy Mozarts” de Mundo Costrini na Carpa do San Froilán Miúdo.
  • 19.30 h. “WOOW” de Teatro C´art na praza da Soidade.

Sábado 7:

  • 11.00 h. “Xogos en Familia” de Ángeles de Trapo na Carpa do San Froilán Miúdo. Xogos artesanais de madeira para toda a familia. Dende as 11 h até as 14 h e das 16h até as 18h.
  • 12.30 h. “Girafes” de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 17.30 h. “Girafes” de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 18.30 h. “El Mêtre” de JAM na Carpa do San Froilán Miúdo.

Domingo 8:

  • 11.00 h. “LARUN” de Jokai na Carpa do San Froilán Miúdo. Colección de Xogos de madeira inspirados na mitoloxía vasca. Das 11.00h ás 14.00h e das 16h ás 18.00h.
  • 18.30 h. “Le Voyage” de JAM na Carpa do San Froilán Miúdo.

Luns 9:

  • 18.30 h. “Rodeo” de La banda del otro na Carpa do San Froilán Miúdo.

Martes 10:

  • 18.30 h. “Carilló” de Cia. LaTal na Carpa do San Froilán Miúdo.

Mércores 11:

  • 18.30 h. “Globe Story” de El perro azul teatro na Carpa do San Froilán Miúdo.

Xoves 12:

  • 11.00 h. “Orkestròniat” de Cia. La Cresta na Carpa do San Froilán Miúdo. Instalación interactiva para toda a familia con instrumentos musicais realizados con refugallos. Dende as 11 h até as 14 h e das 16h até as 18h.
  • 12.30 h. “O estrano caso do dentista da rúa Brasov” Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula . Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 17.30 h. “O estrano caso do dentista da rúa Brasov” Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula . Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
  • 18.30 h. “Teatime” de Cirkofonik na Carpa do San Froilán Miúdo.

Actividades en todos os barrios

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto co Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo visitaron ao Mago Antón, que durante o San Froilán realizará o seu espectáculo itinerante O San Froilán Máxico no teu barrio. Ferreiro destacou que "o San Froilán 2023 terá actividades en todas as zonas da cidade, ben con pasarrúas, que se realizarán nos distintos barrios ou coa presenza do Mago Antón, que se estará nas nas zonas de máis poboación".

O espectáculo do Mago Antón estará Milagrosa (día 5, praza Agro do Rolo), en Fontiñas (día 7, Praza do Camiño Primitivo), no Castiñeiro (día 8, praza do Castiñeiro) e en Augas Férreas (día 12, praza de Augas Férreas), cun total de 4 funcións diarias. Maite Ferreiro afirmou que "nos últimos anos as funcións do Mago Antón foron un éxito de asistencia entre as veciñas e veciños da zona e este ano buscamos repetir o éxito cun espectáculo completamente novo".

O Mago Antón realizará o espectáculo O romance do Conde de Cagliostro (unha historia do Camiño), unha historia sobre un fascinante mago que, utilizando os seus poderes, desapareceu en Roncesvalles perante uns peregrinos, deixando soamente as súas sandalias e o Códice cos seus segredos, e aparecendo por arte de maxia ás portas da catedral, sen peregrinar. Descuberto polo Apóstolo, é enviado ao limbo. O Mago Antón, coñecedor desta lenda, decídese a realizar trescentos anos despois o camiño inconcluso de Cagliostro, para liberalo da súa prisión e permitilo entrar na catedral.

A Historia parte de un romance escrito por Darío Xohan Cabana, á maneira dos antigos cantares de cego e baseado no romance de Don Gaiferos, e foi musicalizado por Mini, o cantante e músico que pertenceu aos grupos de folk galego Fuxan os Ventos e A Quenlla.

A actividade realizarase no Magomóbil, un vehículo especialmente deseñado para a presentación de espectáculos de maxia de salón. Con trece metros de longo, ten unha capacidade para oitenta espectadores. Conta con gradas, aire acondicionado, equipo de son, iluminación, canón de luz, grupo electróxeno e outros dispositivos técnicos que fan que sexa totalmente autónomo.

En cada praza terán lugar catro funcións. En cada unha das funcións haberá aforo para 85 espectadores, un total de 340 espectadores por xornada.

O espectáculo componse de diversos xogos guionizados, que xiran en torno á historia de Cagliostro—como a aparición da galiña de Santo Domingo da Calzada, ou a invocación da pantasma de Cagliostro que lle facía cobrar vida á súa capa—, e finaliza cunha gran ilusión de principios do século XX chamada Os Pantasmas de Pepper, integrada na estrutura do Magomóbil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19072794914246