O Concello reabre as Caldas logo de eliminar unha bacteria

LugoXa
O Concello reabre as Caldas do Miñoa logo de eliminar unha bacteria común detectada durante os controis ordinarios
CALDAS MINO LUGO
6 Jun 2023

A concellería de Medio Ambiente informa de que, logo de realizar en días pasados unha desinfección e limpeza completa das instalacións das Caldas do Miño por detectarse nos vasos de auga quente a presencia de Pseudomonas, a analítica efectuada o xoves e cuxos resultados se coñeceron onte confirma que todos os parámetros se atopan, novamente, dentro da normalidade.

Deste xeito e, tras notificar esta situación ao departamento de Sanidade, cuxos inspectores realizaron esta mañá unha nova inspección ao recinto para ratificar este extremo, o Concello de Lugo procede, dende hoxe, a abrir ao público esta dotación para a que xa se poden realizar reservas dende a aplicación creada ao efecto.

A presenza desta bacteria - moi común e tamén moi frecuente na natureza, especialmente, en ambientes húmidos – foi detectada durante os controis ordinarios que o Concello realiza periodicamente para verificar a calidade da auga.

Tras proceder ao baleirado dos Caldas, a área de Medio Ambiente levou a cabo un tratamento de choque e a desinfección integral e limpeza de todas as dotacións (vasos, circuítos, filtros, skimmer, etc).

0.1664559841156