O Concello realizará obras na rede de abastecemento do núcleo de Cima de Vila
O nucleo rural de Cima de Vila, en Pedreda, contará cunhas obras de abastecemento para as que está dispoñible un orzamento de 121.000 euros, que proporcionarán un servizo básico a preto dun cento de veciños e veciñas de Cima de Vila. “Esta actuación é froito do noso compromiso para dotar de servizos públicos de calidade e eficientes ás parroquias, que poidan contribuír a fixar poboación no rural”, sostivo a rexedora.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro Medio Rural, Miguel Fernández, mantiveron unha reunión coa veciñanza de Cima de Vila para explicarlles de primeira man as obras de abastecemento, que están en proceso de licitación, e contestar as súas dubidas.
A execución desenvolverase tendo en conta a proximidade dunha rede de abastecemento municipal paralela á Ronda Este, que se ampliará. Esta previsto a instalación dun total de máis 20 acometidas domiciliarias, en todas as vivendas existentes nesa zona.