O Concello recibiu ao novo almirante xefe do Arsenal de Ferrol durante a parada militar de Semana Santa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá no Concello de Lugo ao novo almirante xefe da Armada de Ferrol, Vicente Rubio Bolívar, que ostenta este cargo desde xullo do pasado ano. Na recepción oficial da que é a primeira visita do novo almirante a Lugo, se cumpriu coa tradicional sinatura no libro de honra e o intercambio de agasallos. Previamente, tivo lugar a tradicional parada militar co pase de revista ás tropas e saúdo ás autoridades presentes, un dos actos máis tradicionais da Semana Santa lucense, que como cada ano foi seguido por multitude de persoas na Praza Maior.
Ademais do almirante xefe do Arsenal, nesta parada militar participaron o tenente coronel Víctor H. Blanco, axudante do almirante; o comandante do Terzo Norte, Javier Palmero Romero; o director da Escola A. Escaño e capitán de navío Jaime Boloix; e o axudante maior do Arsenal e capitán de fragata David Almeida, entre outros cargo se persoal militar.
Tralo homenaxe aos caídos e o pase de revista ás tropas, as principais autoridades militares acompañadas do alcalde e de membros da Corporación Lucense, participaron na sinatura no libro de honra a cargo de Vicente Rubio Bolívar. Previamente, o alcalde de Lugo destacou “o vínculo que ano a ano fortalecemos con Ferrol, porque a ninguén que vive a Semana Santa de Lugo se lle escapa que a visita da Armada e a procesión da Virxe da Esperanza ten para todos e todas un significado moi especial. A procesión que viviremos hoxe forma parte do noso patrimonio cultural e inmaterial, porque a nosa Semana Santa e moito máis cunha celebración relixiosa; é parte da nosa identidade colectiva e da nosa memoria como cidade”. Ademais, Miguel Fernández lembrou “o forte vínculo que une ambas cidades, irmandadas desde hai anos; a participación da Armada na Semana Santa lucense é unha forma de reforzar aínda máis a nosa unión”.
Pola súa banda, o novo almirante xefe do Arsenal de Ferrol agradeceu o cariño amosado por esta cidade cara a Armada e a emoción que sinte por participar nuns actos tan queridos pola cidade e na procesión da Virxe da Esperanza, "unha das nosas máis belas tradicións relixiosas e culturais”.
Trala sinatura no libro de honra, tivo lugar o intercambio de agasallos, no que se viviu un momento especial e emotivo. Miguel Fernández recibiu unha placa conmemorativa e entregou ao almirante o libro dos 25 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade e a insignia de prata do monumento. Ademais, entregoulle unha lámina que recolle a sinatura no libro de honra como almirante da flota de Ferrol do seu tío, Santiago Bolíbar Piñeiro, o 18 de abril de 2011, sendo alcalde José López Orozco. Entón, pouco antes de deixar Galicia con destino a Rota, escribiu sobre os días pasados en Lugo, da súa participación nos actos da Semana Santa coa Armada e "de esta impresionante ciudad y sus gentes".