O Concello reforza o coidado do Carme coa contratación dun servizo de mantemento específico para o barrio
O Goberno de Lara Méndez reforzará a limpeza no barrio do Carme coa contratación dun servizo de mantemento e desbroce específico para esta zona da cidade. Farao a través da área de Medio Ambiente, que dirixe o edil Miguel Fernández, quen supervisaba esta mesma mañá algúns dos traballos. “Estes inclúen tarefas de roza, limpeza das vías públicas e o acondicionamento dos camiños e parcelas municipais”, explicou o concelleiro.
Fernández subliñou que “dende o Concello consideramos necesario intensificar e reforzar o acondicionamento desta zona emblemática da cidade, pola que discorren o Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX, debido ás accións incívicas que está a sufrir esta emblemática contorna e que provocan un deterioro da súa paisaxe”.
“Neste senso, gustaríame facer un novo chamamento ao civismo e á responsabilidade de todos os e as lucenses para conservar o noso patrimonio natural e cultural, porque o lecer e o ocio dos cidadáns non debería estar reñido co respecto ao entorno”, apuntou o edil.
O tentente de alcaldesa explicou que este operativo encargarase, así mesmo, da roza das parcelas municipais situadas na zona, con tractor de rodas/orugas e rozadora de martelos nas zonas amplas e con motodesbrozadora manual nas zonas inaccesibles ao tractor, así como nos noiros, e a contorna dos camiños, coa retirada de restos xexetais. Tamén inclúe a retirada de árbores caidos, así como unha poda de arbustos e as ramas máis baixas do arboledo que dificulten a roza, cuxos restos serán retirados.
Este dispositivo súmase ao labor ordinario que leva a cabo a nova adxudicataria do servizo de limpeza, EcoLugo, que se encarga do aseo viario e a recollida de residuos na cidade, co obxectivo de “realizar un traballo máis exhaustivo, sendo a nosa intención a de anticiparnos ás necesidades de limpeza, coordinando esforzos e organizando todos os recursos, materiais e humanos, que temos á nosa disposición para actuar coa finalidade de deixar este barrio impecable o máis axiña posible”, concluíu Miguel Fernández.