O Concello reinicia o procedemento para a esixir responsabilidades pola xestión da Fábrica da Luz

LugoXa
O Concello de Lugo reinicia o procedemento para a esixir responsabilidades pola xestión da Fábrica da Luz para maior seguridade xurídica
fábrica luz lugo
12 Nov 2022

O Concello de Lugo vén de caducar o expediente do procedemento para a esixencia de responsabilidade derivado da xestión da concesión da minicentral hidroeléctrica da Fábrica da Luz (como é imperativo legal) e volverá incoalo para dotalo de maior seguridade xurídica ao detectarse un incumprimento dos prazos de resolución. A alcaldesa, Lara Méndez, asinaba o decreto para iniciar a súa nova apertura.

A orixe desta circunstancia atópase na xurisprudencia aplicada. Xa que, se ben o expediente se rexeu polo artigo 36 da Lei 40/2015, do un de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, que establece un período de resolución de 6 meses para este tipo de causas, existe unha sentenza posterior da Sala do Contencioso – Administrativo do Tribunal Supremo (número 1366/2021, de 24 de novembro de 2021) segundo a cal, o prazo máximo actual para finalizalas se acouta a tres.

De ser así, o procedemento inicial – que data do mes de maio - se entendería deciduo dende o 28 de agosto, polo que a Asesoría Xurídica estimou convinte declarar a caducidade do mesmo e iniciar un novo proceso, incorporando todos aqueles actos e trámites realizados no seo do anterior, tanto por parte do instrutor como da secretaria, cuxo nomeamento tamén se mantería.

Cómpre sinalar que se trata dun expediente moi complexo, integrado por miles de folios cuxa extensión condicionou a súa abordaxe con maior celeridade, pero que foi xa analizado na súa totalidade e redactado o prego de cargos, de maneira que, tras a medida adoptada esta mañá e coa que se persegue dotalo de maiores garantías, só restaría para concluílo, proceder a súa sinatura e á notificación da valoración inicial dos feitos ás partes implicadas para que poidan presentar alegacións, se así o estiman oportuno.

0.19928598403931