O Concello reparte o pago das subvencións ás asociacións veciñais
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantivo unha xuntanza coas asociacións veciñais de Lugo beneficiarias do programa de subvencións de 2023. A edil de Participación entregou ás distintas asociacións beneficiarias un diploma acreditando a súa participación neste programa.
A área de Participación entrega en total 10.691,12€ a asociacións veciñais do concello de Lugo, que se poderán executar en proxectos relacionados co asociacionismo, o voluntariado e a participación cidadá, ademais de incluír gastos de mantemento e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas.
Cristina López destacou que “esta liña de subvencións permiten que as distintas asociacións veciñais de Lugo poidan manter a súa actividade ao longo do ano”, e engadiu “desde o Goberno de Lugo mantemos o noso compromiso co tecido asociativo local”.