O Concello solicita á Xunta a aplicación de Suelocemento no Leirapárking do HULA

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo solicita a la Xunta la aplicación de Suelocemento en el Leirapárking del HULA para su mejora.
suelocemento leiraparking hula
26 Mar 2022

O Goberno de Lugo está a realizar unha nova actuación de mantemento no aparcadoiro municipal do HULA, unha actuación necesaria que planifican para realizar en distintas épocas do ano para garantir o bo funcionamento desta instalación.

O concelleiro afirmou que o Goberno de Lugo está estudando mudar o material do aparcadoiro, “tratando de optimizar a durabilidade da instalación, estudamos a posibilidade de instalar unha capa de Suelocemento, un material granular que ten unha maior durabilidade que a zahorra instalada actualmente”.

A concellería de Infraestruturas solicitou á Xunta de Galiza que autorice o uso de Suelocemento nesta zona, “dado que estes terreos se atopan afectados pola área de protección do conxunto megalítico de San Cibrao, o que impide asfaltar os terreos”. Alexandre Penas explicou que “seguimos a buscar unha solución para o aparcadoiro municipal do HULA que permita garantir a mellor calidade posíbel na instalación”.

Suelocemento

O Suelocemento é un material que conta cunha boa resistencia aos axentes atmosféricos, o que aumenta a súa durabilidade nas instalacións no exterior e incrementa a vida útil do terreo. Ademais, é posíbel fabricalo utilizando materiais reciclados. As características do material están recollidas no BOE número 3 do 3 de xaneiro de 2015.

0.17761611938477