O Concello substituirá os ollos de gato do Centro Histórico por pintura reflectora

LugoXa
O Concello substituirá os ollos de gato do Centro Histórico por pintura reflectora para mellorar a seguridade viaria
FALTA SEGURIDADE OBRAS CENTRO LUGO 2
13 Xul 2023

A área de Alcaldía do Concello de Lugo comunicou que nas vindeiras xornadas procederán a substituírse por pintura reflectora os ‘ollos de gato’ que se instalaron temporalmente para diferenciar a zona peonil do tránsito rodado no Centro Histórico mentres duren os traballos de peonalización da contorna.

Trátase dunha medida que responde á petición formulada pola Plataforma veciñal do barrio, coa que a Alcaldía mantén un contacto permanente para abordar aspectos concretos das obras durante a súa execución e así conciliar estes labores coas necesidades da veciñanza, mellorando o resultado final da transformación que se está levando a cabo en todo o ámbito.

Os ‘ollos de gato’ son elementos de prevención que se colocaron na fase inicial das obras como delimitadores entre o espazo destinado a viandantes e as áreas habilitadas para a circulación do tráfico co obxectivo de garantir a seguridade das e dos peóns. Unha función que pasará a cumprir agora a sinalización horizontal con pintura reflectora que non supón ningún tipo de barreira para a mobilidade.

0.14862704277039