O Concello busca a orixe das humidades da Capela dos Ollos Grandes

LugoXa
O Concello de Lugo colabora co Obispado na detección da orixe das humidades que afectan á Capela dos Ollos Grandes
humidades capela virxe dos ollos grandes catedral
22 Jun 2023

Técnicos do Concello de Lugo colaboran estes días co Obispado para tratar de detectar a orixe das humidades que afectan á Capela dos Ollos Grandes da Catedral, nas que a entidade relixiosa xa está a traballar.

No transcurso da execución dunhas reparacións provisionais na Travesía Deán Fernández Varela, o persoal municipal púxose a disposición da Diócese para revisar as canalizacións públicas da cidade co fin de descubrir de onde parten as filtracións de auga que o templo sofre dende hai varios anos.

“Preocupados polo alcance que pode ter esta situación, que perdura no tempo sen conseguir revertela, ofrecemos a nosa cooperación para tratar de dilucidar se a problemática puidera xurdir dalgún punto das canalizacións públicas co fin de que este reforzo de recursos axude a determinar de onde procede a auga que verte á construción e poder, así, darlle unha solución”, sinalou a alcaldesa, Lara Méndez.

A rexedora incidiu no simbolismo e valor patrimonial que esta capela da Virxe dos Ollos Grandes, á que está consagrada á Catedral, ten para Lugo.

“Obra do arquitecto Fernando Casas Novoa, data do século XVIII e o seu retablo – creado polo escultor Miguel de Romay - está catalogado como un dos mellores do barroco galego, alén de albergar a talla policromada da patroa da cidade que tanta devoción ten no noso municipio”, salientou a rexedora, “polo que contribuiremos en canto estea na nosa man para garantir a súa conservación e protección”, afirmou Méndez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18510413169861