O concerto de Marwán pecha o ciclo ‘Momentos Alhambra Acustiquísimos 2024’

LugoXa
O proxecto Acustiquísimos caracterizouse por presentar música en acústico en espazos singulares da nosa comunidade acompañada de propostas gastronómicas
Concerto-Marwán-Círculo-das-Artes
1 Dec 2024

O concerto de Marwán, xunto a unha experiencia gastronómica a cargo do chef Rafa Centeno, puxeron o peche ao ciclo ‘Momentos Alhambra Acustiquísimos 2024’, que contou co patrocinio da Xunta de Galicia.

O proxecto Acustiquísimos caracterizouse por presentar música en acústico en espazos singulares da nosa comunidade acompañada de propostas gastronómicas. Comezou a súa andaina o 16 de novembro coa actuación de Carlos Sadness en Vigo, ao que seguiron os concertos de María José Llergo na Coruña, Muchachito Bombo Infierno en Santiago de Compostela e o de Marwán, en Lugo.

Marwán é un dos referentes actuais da música de autor do noso país e está de xira co seu disco ‘20 Aniversario’, no que reinterpreta os temas do seu traballo ‘El viejo boxeador’. O apunte gastronómico no Círculo das Artes de Lugo puxérono as tapas do chef Rafa Centeno, do restaurante Vértigo.

⚙ Configurar cookies
0.17469096183777