O concerto de outono de corais reunirá tres agrupacións este sábado en Lugo

O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este sábado, 8 de novembro, o Concerto de Outono de Corais, un encontro musical que reunirá tres agrupacións e que promete encher o espazo de harmonía e tradición.
A iniciativa, organizada pola Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (Astelu), foi presentada hoxe polo presidente da entidade, José Luis Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias.
O programa do evento inclúe as actuacións das corais lucenses Ecos do Miño-Astelu e Cantar Delas, así como da agrupación coruñesa Saúde, que achegarán un variado repertorio de música coral. O concerto dará comezo ás 19.30 horas e a entrada será libre ata completar aforo, converténdose nunha oportunidade para gozar da música e do talento das formacións participantes.