O concurso de galiña de Mos deixa premios en Pol, Láncara, Riotorto e Castro de Rei

Pol
TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O deputado Daniel García entregou os premios do VII Concurso Exposición Monográfico Provincial da Raza Galiña de Mos de Lugo, organizado pola Federacion de Razas Autóctonas Galegas (BOAGA) durante mostra agrogandeira ExpoLugo A Rural, con premios para as criadoras e criadores dos mellores exemplares de galos e galiñas que se puideron ver esta fin de semana no Pazo de Feira e Congresos.
premio galina de mos lugo
9 Oct 2023

No acto recoñeceuse tamén a participación de gandeiros e gandeiras que achegaron ao recinto feiral vacas e tenreiros das razas bovinas limiá, cachena, caldelá, frieiresa e vianesa, e exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega, razas agrupadas en Boaga.

O responsábel provincial agradeceu o traballo de gandeiras e gandeiros que participaron, canda as asociacións gandeiras, nesta edicion de ExpoLugo A Rural, que amosa e recoñece a importancia da gandeiría nas distintas comarcas, pola súa contribución económica, social e ambiental ao rural.

O primeiro premio do Concurso de Galiña de Mos foi para José Luis Freire Castedo, do concello de Pol, seguido de Sandra López López, de Láncara, e Beatriz Canto Edrosa, de Castro de Rei. Na categoría de galos o primeiro premio foi para Luis Fernández Fernández, de Riotorto. Por detrás situáronse José Luis Freire Castedo de novo e  Sandra López López.

0.17352604866028