O conselleiro municipal e departamental da cidade de Brazzaville visitou Lugo

LugoXa
A reunión enmárcase nunha serie de encontros estratéxicos que unha delegación congoleña está a realizar en España
Reunión-Congo-Xunta
25 Apr 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu na sede da Administración autonómica a Kouloumbou Bouanga Jule Pauldi, conselleiro municipal e departamental da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo.

O conselleiro do Congo interesouse polas iniciativas e programas do Goberno galego en ámbitos como a formación profesional, o emprego xuvenil, o fomento do deporte como ferramenta de inclusión ou o asociacionismo entre a mocidade.

A reunión enmárcase nunha serie de encontros estratéxicos que unha delegación congoleña está a realizar en España co fin de promover o diálogo e abordar vías de cooperación entre os territorios.

Na xuntanza tamén participou o alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña, que impulsa esta misión institucional na provincia.

⚙ Configurar cookies
0.16307997703552