O Conservatorio Profesional de Música de Lugo acolle a exposición sobre a Banda de Música de Paradela

A exposición itinerante 150 anos da Banda de Música de Paradela atópase no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, onde se manterá ata finais deste mes de maio.
A apertura da exposición efectuouse nun acto celebrado na Sala de ensaios da Banda do Conservatorio, no que participou o director do Conservatorio, Borja Durán; a vicedirectora, Ángeles Nogueira; a concelleira de Cultura de Paradela, Ana Belén López; a presidenta da Banda, Marisol Arias; o director da Banda, Martín Vázquez; e Xulio Xiz, do Colectivo Egeria.
Despois da presentación, alumnos, profesores e invitados fixeron un percorrido guiado pola exposición, que quedou instalada na planta baixa do Conservatorio de Lugo.
Esta exposición percorre a historia Banda de Paradela, que naceu como Bando do Barrido, na aldea do mesmo nome, e onde había músicos en todas as casas, o ano 1873.
Así, naceu coincidindo coa primeira República española, e, despois de pasar pola emigración americana e europea, perviviu ata o momento actual, na que está dirixida polo músico Martín Vázquez.