O Corgo acolle este sábado a Festa da Cultura, do libro e da poesía

LugoXa
O Concello do Corgo, con Proxecto Corgoral, celebra este sábado unha Festa da cultura, do libro e da poesía co no primeiro ano do PALCO -
festa cultura e lingua corgo portada
21 Apr 2023

O Concello do Corgo, a través do Proxecto Corgoral, celebra este sábado 22 unha Festa da cultura, do libro e da poesía co gallo do primeiro ano de vida do PALCO - Punto de Atención á Lectura do Corgo. O evento realizarase nas instalacións da biblioteca, con actividades de balde para todos os públicos.

O programa abrirase coa inauguración da Mostra fotográfica Abandon-ARTE, de Universo Desastre ás 18.00 horas, seguido da actuación musical de A Legua Dereita. Ás 18:30 dará comezo a Festa do Libro e, ás 19.30 horas, terá lugar o Primeiro Encontro Poético Ibérico no Corgo (Festival EPICO no PALCO), con autores galegos, portugueses e leoneses que recitarán os seus poemas en varias linguas.

Destca a presenxa de

Coa presenza de Alberte Momán (Lugo), Albino Matos (Viseu), Ánxela Gracián (Castroverde), Carlos D’abreu (Bragança), Carlos Pedro (Guarda), Eugenia Sanmartín (Ferrol), Helena Almeida (Coimbra), Inocencia Montes (Tabuyuelo De Jamuz), J. C. Valle “Karlotti” (Ourense), Manuela Vidal Vallinas (León), Montse Villar (Cortegada De Baños) e Xerardo Quintiá (Friol).

O acto chegará ao seu final ás 22:00.

festa cultura e lingua corgo
0.17009902000427