O Corgo acolle hoxe a presentación do seu refraneiro

LugoXa
O Concello do Corgo acolle hoxe a presentación do seu refraneiro realizado no marco do proxecto corgogal con alumnos dos institutos
PORTADA REFRANEIRO corgo
17 Dec 2022

A través do Proxecto Corgoral, e grazas ao traballo participativo desenvolvido en colaboración co alumnado do CEIP Plurilingüe do Corgo e do CPI Ramón Piñeiro, o Concello do Corgo presenta a publicación monográfica que recolle a edición especial do refraneiro tradicional do Corgo.

O acto público e totalmente gratuíto, terá lugar o vindeiro sábado 17, a partir das 18:30 na biblioteca do PALCO (Punto de Atención á Lectura do Corgo).

Trátase da primeira recolla sistemática efectuada no concello, contendo máis de catrocentos refráns. Todas as persoas que asistan á presentación levarán de balde cadanseu exemplar.

A xornada completarase con varias actividades máis, no ámbito do programa da XVI edición do Certame Literario Terras de Chamoso.

Haberá unha apertura musical a cargo da A. C. A Legua Dereita, entrega de premios, recitado das poesías gañadoras e actuación do cuarteto vocal Son de Corda, seguido polas Cegas de Ouselle.

PORTADA REFRANEIRO
0.2197630405426