O Corgo acollerá o vindeiro domingo 1 de xuño unha nova edición do seu mercadiño

O Corgo acollerá o vindeiro domingo 1 de xuño unha nova edición do seu tradicional mercadiño, que se celebrará xunto á Cámara Agraria e contará cunha variada oferta de postos de comida, antigüidades e artesanía.
A cita, organizada pola asociación Os Cinco Ríos en colaboración co Concello do Corgo, preséntase como unha xornada para gozar do comercio local, da cultura popular e da dinamización social do medio rural.
Ademais da actividade comercial, o evento repartirá rifas entre as persoas asistentes para participar no sorteo dunha fin de semana nunha casa de turismo rural con cea incluída. Este sorteo celebrarase o domingo 3 de agosto ás 18:00 horas durante o Mercado de Oficios e a Feira de Maquinaria, e conta co patrocinio do Bar Andaina.
Xa está aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en montar e expoñer no mercadiño durante os días 2 e 3 de agosto. Para máis información ou para reservar un posto, os interesados poden contactar cos organizadores a través dos teléfonos de Brais (636 584 282) e Chousa (686 625 657).