O Corgo arranca esta semana as viaxes á praia
O Concello do Corgo arranca esta semana as viaxes á praia. Comenzan este xoves, 23 de xuño, e alongaranse todo o verán. Leváránse a cabo cada xoves, e para inscribirse e preciso chamar ao teléfono 618723269. A saída será ás 09.00 horas dende o edificio da antiga cámara agraria.
As inscricións faranse dende os luns precedentes a cada viaxe ata o día antes da saída, entre as 10.00 horas e as 13.00.
Dende o Goberno local recomendan levar a cantidade xusta de pago da viaxe, e piden que se avise con antelación en caso de non poder asistir, logo de inscribirse.
O prezo das viaxes serán de 6 euros para aqueles empadroados no Corgo, e 10 euros para quen non o estea. Estos prezos serán os que rexirán todas as viaxes agás as que se realizarán o 30 de xuño e o 7 de xullo, a Samil e Sanxenxo, respectivamente, que serán 8 e 12 euros segundo se estea ou non empadroados no concello.