O Corgo arranca o seu programa de Nadal cun campamento

LugoXa
O Concello do Corgo inicia o seu programa de Nadal o luns coa posta en marcha do campamento, actividade dentro do programa de conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo de Nadal.
23 Dec 2023

O Concello do Corgo inicia o seu programa de Nadal o luns coa posta en marcha do campamento, actividade dentro do programa de conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo de Nadal.

Está dirixido a nenos de 3 a 12 anos e se prolongará ata o 5 de xaneiro en horario de 9:00 h. a 15:00 horas, no centro sociocultural do Corgo. Trátase dunha actividade gratuíta.

A seguinte actividade será unha sesión de teatro coa obra: Palabras, da compañía Baobab Teatro.  Será o mércores día 27 de decembro ás 13:00 horas no centro sociocultural. Tamén é gratuíta e está dirixida ao público infantil.

Non faltará a tradicional xornada  en Xuvenlugo. Como nas anteriores edicións o Concello do Corgo organiza unha xornada no Pazo de Feiras de Lugo que este ano será o  mércores día 3 de xaneiro de 16:30 horas a 20:30 horas. Os que desexen anotarse ou máis información poden facelo nos teléfonos 982 302 377 ou 620 731 543. A viaxe ten un prezo de 2,5 euros e os nenos deberán de ir acompañados dun adulto responsable.

Continuarán cunha sesión de maxia polo Mago Paco. Será o xoves día 4 de xaneiro ás 12:30 horas no centro sociocultural. Trátase doutra actividade gratuíta dirixida a público infantil.

Rematará o programa coa tradicional Cabalgata de Reis o venres día 5 de xaneiro, a partir das 16:00 horas no colexio público do Corgo. Haberá reparto de agasallos, chocolate e roscón de Reis. As inscricións serán nos mesmos números de teléfono.

0.16422200202942