O Corgo asume a titularidade de varios treitos da antiga N-6A ao seu paso por A Hermida, Escardel e A Ponte do Vao

LugoXa
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible cedeu ao Concello do Corgo a titularidade de varios treitos da antiga estrada N-6A ao seu paso polos núcleos rurais de A Hermida (Franqueán), Escardel (Gomeán) e A Ponte do Vao (Laxosa), comprendidos entre os quilómetros 481,730 e 491,115 da N-6, na provincia de Lugo.
Ministerio-de-Transportes-O-Corgo
20 Jun 2025

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible cedeu ao Concello do Corgo a titularidade de varios treitos da antiga estrada N-6A ao seu paso polos núcleos rurais de A Hermida (Franqueán), Escardel (Gomeán) e A Ponte do Vao (Laxosa), comprendidos entre os quilómetros 481,730 e 491,115 da N-6, na provincia de Lugo. En total, a cesión abrangue unha lonxitude de 1.995 metros e unha superficie estimada de 12.860 metros cadrados.

A transferencia de titularidade fíxose efectiva o pasado 9 de maio de 2025, coa sinatura da acta correspondente por parte de ambas administracións. Desde ese momento, o Concello do Corgo pasa a ser o titular destes treitos, incluídos os seus elementos auxiliares e equipamentos, asumindo así as competencias en materia de conservación e mantemento.

Cómpre destacar que esta cesión non implica transferencia económica ningunha nin xera gasto para a Administración Xeral do Estado.

A operación realizouse ao abeiro do disposto nos artigos 5 e 49 da Lei 37/2015, do 29 de setembro, de Estradas, así como do artigo 127 do Real Decreto 1812/1994, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Estradas.

⚙ Configurar cookies
0.1347029209137