O Corgo: Catro forzas procuran repartirse os once postos de concelleiro
O Corgo ten aos seus 11 concelleiros repartidos entre catro forzas políticas diferentes. Nas eleccións municipais celebradas en 2019 o Partido Popular foi a forza máis votada acadando un total de cinco representantes seguido Partido Socialista con tres.
Xunto a estes dous partidos Ciudadanos e BNG obtiveron tamén representación, a agrupación laranxa dous concelleiros e un os nacionalistas.
Na procura de continuar consolidado o proxecto, o Partido Popular volve a depositar a súa confianza en Felipe Labrada, alcalde do municipio dende o 2019 e que foi tenente de alcalde dende 1999.
Tras 28 anos como membro da corporación local, Labrada volve a liderar aos populares e sinala que “coñezo de primeira man o municipio e as necesidades dos veciños e veciñas así como as súas demandas”.
O Partido Socialista tamén repite candidato e será Francisco Otero, que concorreu por primeira vez aos comicios locais en 2019, o encargado de encabezar a lista neste 2023. Otero destacou o seu desexo de levar adiante “un proxecto que converta ó Corgo nun lugar de oportunidades”. Para estas eleccións Ciudadanos vén de anunciar que non presentará ningunha lista e o BNG renova candidata e será Pilar Bellón a alcaldable da agrupación nacionalista. Bellón, que é a actual portavoz municipal e concelleira, destacou que “impulsaremos un Corgo onde a mocidade vexa nel o seu futuro, con servizos públicos fortes”.
A sorpresa do municipio é para Contamos Galicia Sempre, unha nova agrupación provincial que presenta no Corgo a Nuria Mera como cabeza de lista e Marta López como número dous. Marta López era ata comezos deste ano a presidenta e Nuria Mera a secretaria do PSOE do Corgo, que presentaron as súas dimisións tras discrepancias co partido á hora de elixir representante para as eleccións. Ambas concelleiras concorren nestas eleccións con Contamos Galicia, partido liderado por Manuel Martínez e Claudio Garrido ambos membros no pasado do Partido Socialista.
Novamente a maioría podería ser complicada se o voto volve repartirse do mesmo xeito que o ano pasado.
O Corgo ten aos seus 11 concelleiros repartidos entre catro forzas políticas diferentes.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. Francisco Otero Besteiro
2. Roberto Besteiro Queizán
3. Alba Salvador López
4. Javier Cerqueiro González
5. María Elena Roldán Fernández
6. Raquel Expósito Jato
7. Mónica Díaz Mosquera
8. Bernardino Castro López
9. Otilia Herbón Fernández
10. José Benigno Núñez Doval
11. Elías López Vila
Suplentes
1. Maximino Marey Muíña
2. Cristina Pérez López
3. José Miguel Vázquez Calvo
PP
1. Felipe Labrada Reija
2. Marcos Trashorras Reija
3. José Luis Fernández López
4. Mª Mar Gómez Gómez
5. María Jesús Álvarez Fole
6. Pedro Fernández Reija
7. David Rodríguez Lodeiro
8. Ana María Mera López
9. María Soledad López Pérez
10. Montserrat Fernández Tella
11. Diego Torrón Gude
Suplentes
1. María Ángeles Santos Ballón
2. Nerea Ferreiro Pérez
3. José Luis Ferreiro Fouce
CONTAMOS
1. Nuria Mera Balboa
2. Marta López Abeledo
3. Brais Fernández Torron
4. Nuria López Rey
5. Camilo Álvarez Pedrido
6. María Tania de la Fuente Vázquez
7. Almudena Rodríguez Pradeda
8. Adrián Díaz Gundián
9. Antonio Pérez Galán
10. Rocío Piñeiro Díaz
11. Alberto Lopez Galán
Suplentes
1. Marcos Rodríguez Vázquez
2. Iris Coello Montero
3. Beatriz Díaz Vázquez
4. Rubén Rodríguez Ferrero
5. María Pilar Vázquez Pumariño
BNG
1. Pilar Bellón Candal
2. Pablo Abuín Cedrón
3. María Abuín Sanfiz
4. María Consuelo Vázquez Castro
5. Mario Outeiro Iglesias
6. Sonia Rodríguez Páramo
7. Senén Díaz Prado
8. Hector Vivero Alonso
9. Sandra López Álvarez
10. Manuel Fernández López
11. Jorge José Rodríguez Lozano
Suplentes
1. María Concepción Cruz Pallares
2. José Luís Díaz López
3. María do Carme Vázquez Vázquez
4. Manuel Villanueva Gómez