A poxa en Adai, no Corgo, protagoniza a cotización máis alta da historia
A edición número 101 da poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia que tivo lugar no recinto feiral de Adai no Concello do Corgo supón un antes e un despois para a Raza Rubia Galega. Na cita, organizada polo Concello e a Asociación de criadores Acruga, logrouse lograrse un récord histórico en canto a cotizacións, ao adxudicarse a primeira xovenca preñada da poxa en 7.000 euros a un gandeiro de Castroverde. Foi a cotización máis alta da historia e por descontado a poxa máis longa e máis rifada de todas as que se lembran ata a data.
De feito, o exemplar presentouse no anel de poxas a un prezo de saída de 2.200 euros, e foi subindo de 50 en 50 euros ata alcanzar a friorenta dos 7.000 euros finais. E é que á marxe do récord de 7.000 euros, -cando as cantidades máis altas que se lembran roldaban os 4.500 euros-, a xornada foi todo un éxito en canto a prezos, á adxudicación de todos os animais presentados, á gran cantidade de compradores e aos prezos medios. A poxa nacional de Adai finalizou cunha media para de 3.133 euros e de 2.850 euros, fixando tamén récords na historia das poxas de Acruga.
A xovenca de récord, procedente do centro de recría da Granja Gayoso Castro era a primeira da poxa e tamén a primeira en canto á súa cualificación lineal, cunhas puntuacións que explicaban que se trataba dun animal morfoloxicamente perfecto. Pouco antes das 12.00 da mañá comezou a poxa con outra marca que facía presaxiar a animación e as poxas moi rifadas, xa que un total de 68 posibles compradores retiraron a tarxeta que lles acreditaba para poxar.
O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, e o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández asistiron, xunto ao presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades, á cita. A institución provincial presentou 12 animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, tampouco se quixo perder a 101 edición da Poxa de gando vacún selecto de Raza Rubia Galega no Corgo. Neste evento, a conselleira puxo de relevo a importancia da conservación e promoción desta raza e o compromiso do seu departamento co futuro da gandaría galega, tanto de leite como de carne, fomentando especialmente aquelas razas autóctonas da comunidade galega