O Corgo celebra a Festa do avó en setembro

LugoXa
O Corgo acolle a Festa do avó o vindeiro 7 de setembro destinado a todas as persoas maiores de 60 anos e aos seus cónxugues.
Festa do avo corgo portada
21 Ago 2023

O Corgo acolle a Festa do avó o vindeiro 7 de setembro destinado a todas as persoas maiores de 60 anos e aos seus cónxugues. 

Celebrarase no polideportivo do colexio e dará comezo ás 13.30 cunha eucaristia para continuar ás 14.30 co xantar. 

Pola tarde haberá unha actuación musical e sesión de baile ademais dun sorteo de agasallos. 

Os vales adquiriranse na Casa do Concello ata o venres día 1 de setembro e será obrigatorio presentar o carné de identidade. 

O prezo dos vales será de 5 euros para as persoas empadroadas e de 30 para as non empadroadas.

Festa avo corgo
0.18035006523132