O Corgo celebra a Festa do Avó en setembro

LugoXa
A cita está dirixida a persoas maiores de 60 anos e cónxuxes e terá lugar no polideportivo do colexio
foto-recurso-maiores
25 Ago 2024

O concello do Corgo celebra a Festa do Avó deste ano no mes de setembro. A cita, que terá lugar o xoves 5, está dirixida a persoas maiores de 60 anos e cónxuxes e terá lugar no polideportivo do colexio. Os empadroados deberán aboar uns 5 euros por acudir á celebración, mentres que os que non estean deberán pagar 30.

Os vales adquiriranse na Casa do Concello dende o martes día 20 de agosto ata o luns 1 de setembro en horario de 9.00 a 14.30 horas. É obrigatorio presentar o DNI  para anotarse. Os asistentes desfrutarán dunha actuación musical e sesión de baile e de sorteo de agasallos, ademais dunha misa ás 13.30 horas e do propio xantar que comezará ás 14.30.

0.16487503051758