O Corgo estivo presente no congreso de antropoloxía da Coruña
A través dunha nova iniciativa do Proxecto Corgoral, o Concello do Corgo estivo presente no XVI Congreso Internacional de Antropoloxía celebrado na cidade da Coruña. Esta reunión científica, na que participaron máis de setecentos especialistas oriundos de diversas institucións europeas e latinoamericanas, foi organizada conxuntamente por Agrantro (Asociación Galega de Antropoloxía) e Asaee (Asociación de Antropología del Estado Español).
O congreso artellouse nun total de 41 simposios temáticos, entre os que destacou, por ter sido o máis concorrido, o monográfico titulado Memorias desencadeadas: reciclaxes do pasado no presente e no futuro, coordenado por Francisco Ferrándiz Martín, do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).
Neste simposio foi presentada con gran éxito e moito interese por parte do público asistente unha comunicación específica sobre as recollas da memoria oral relativas á parroquia corguesa de Adai.