O Corgo iniciou hoxe as viaxes á praia que serán todos os xoves

LugoXa
O Concello do Corgo iniciou hoxe as viaxes á praia, que se realizarán todos os xoves ata o día 31 de agosto variando cada día de destino
praia rapadoira foz
29 Xuño 2023

O Concello do Corgo iniciou hoxe, 29 de xuño, as viaxes á praia, que se realizarán todos os xoves ata o día 31 de agosto variando día de destino.

Hoxe o destino foi a praia das Américas, Nigrán, pero a próxima xornada será a Sanxenxo.

No que resta de mes irán a Foz, Ares (Ferrol) e Tapia de Casariego. Mentres que en agosto sucederanse as viaxes a Benquerencia, Covas en Viveiro, Cederia, San Ciprián e rematarán na de Riazor da Coruña.

Agás as dúas primeiras, sairán todas ás 9.00 horas desde a Cámara Agraria.e as persoas que desexen vaixar deberán reservar no teléfono 618 723 269 ata o día anterior a cada viaxe.

O prezo é de 6 euros para os empadroados no Corgo e 20 para os que non o están.

0.19109106063843