O Corgo pon en marcha a cuarta edición do seu Campionato de Tute

LugoXa
A Asociación os Cinco Ríos do Corgo, coa colaboración do Concello, organiza o vindeiro 9 de marzo o seu Campionato de Tute, que este ano chega a súa cuarta edición.
campionato_tute_o_corgo_os_cinco_rios
24 Feb 2024

A Asociación os Cinco Ríos do Corgo, coa colaboración do Concello, organiza o vindeiro 9 de marzo o seu Campionato de Tute, que este ano chega a súa cuarta edición. organizarase no centro sociocultural ou no pavillón municipal en función do número de parellas que se anoten. Os participantes, que poden inscribirse ata o vindeiro 9 de marzo, deberán presentarse no lugar ás 16.00 horas.

A inscrición por parella, con cea incluída, supón 100 puntos. Os que só desexen participar na cea pagarán 20 puntos no caso dos adultos, 10 puntos para os rapaces de 6 a 14 anos e totalmente de balde para os menores de 6. Aceptarase un máximo de 64 parellas. Os premios van dende os 2.000 puntos e un trofeo para os primeiros clasificados, 700 para os segundos e 400 e 200 para os que queden en terceira e cuarta posición.

Tamén haberá unha opción de repesca entre os participantes. Neste caso os primeiros levarán 300 puntos e un trofeo, os segundos faranse con 200 puntos, o terceiro con 2 xamóns e o cuarto con dúas paletas. Os premios poden variar en función do número de parellas inscritas. Os interesados poden anotarse a través dos números 670 833 909 ou do 648 063 894.

0.13512301445007