O Corgo convoca a décimo quinta edición da súa carreira popular
O Concello do Corgo celebra a XV Carreira Popular Concello do Corgo- Memorial Quique Casanova este sábado 26 de outubro. A iniciativa terá saída e meta nas instalacións da praia fluvial do río Chamoso da vila. A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, e consta dun circuíto de 10.5 quilómetros sobre terra na súa maioría.
A inscrición farase a través da páxina de Championchipnorte e os dereitos de inscrición no caso dos menores serán de balde, mentres que na carreira de adultos terá un custe de 10 euros. Os dorsais retiraranse o venres día 25 pola tarde na tenda Atmosphera Sport A Chaira, na rúa Salvador de Madariaga, e o día da proba tamén pola tarde na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45 minutos antes da saída da proba.