O Corgo prepárase para celebrar a V Ruta Cabalar 2025

LugoXa
Ademais do percorrido e da comida, o evento incluirá numerosas sorpresas, como agasallos, sorteos, xogos tradicionais e moita diversión para todas as idades
Imaxe dun cabalo
28 May 2025

O vindeiro 31 de maio, o concello lucense de O Corgo acollerá a V Ruta Cabalar, un evento xa consolidado que cada ano reúne a ducias de xinetes e amantes do mundo ecuestre nunha xornada festiva chea de tradición, natureza e gastronomía.

A actividade comezará ás 10:00 horas coa xuntanza dos cabalos no campo da feira de Adai. Ás 10:30 horas darase comezo á ruta a cabalo, que incluirá unha parada para gozar de pinchos na praia fluvial do Corgo, aproximadamente a metade do percorrido. Ás 14:00 horas, os participantes regresarán ao campo da feira, onde se celebrará o xantar popular.

O menú promete satisfacer todos os padais, con pratos como empanada, callos e churrasco, acompañados de sobremesa, café e chupito. O prezo é de 30 euros por persoa, con descontos especiais: 15 euros para menores de 12 anos e gratuíto para nenos menores de 5 anos.

Ademais do percorrido e da comida, o evento incluirá numerosas sorpresas, como agasallos, sorteos, xogos tradicionais e moita diversión para todas as idades. A organización convida a veciños e visitantes a participar e desfrutar dun ambiente familiar e festivo.

Para quen desexe continuar coa celebración pola noite, ofrecerase unha cea con pratos típicos como raxo e bacon, ideal para pechar a xornada cun bo sabor de boca.

As entradas poderán adquirirse directamente no recinto, mais recoméndase facer a reserva antes do 25 de maio. Para máis información ou para confirmar asistencia, pódese contactar cos organizadores nos teléfonos 636 592 281 (Miguel) ou 629 440 766 (Rego).

⚙ Configurar cookies
0.14583802223206