O Corgo rende homenaxe a Rafael Pardo Vales cun acto de colocación dunha stolpersteine

LugoXa
A lembranza á vítima do campo nazi de Mauthausen terá lugar o xoves 29 de xaneiro na estación de Laxosa
placa-stolperstein-O-Corgo
26 Jan 2026

O xoves 29 de xaneiro celebrarase no concello do Corgo un acto de homenaxe a Rafael Pardo Vales, veciño da localidade, fillo dun ferroviario e vítima do campo de concentración nazi de Mauthausen, coa colocación dunha stolpersteine en memoria da súa traxectoria e do seu destino durante a represión.

A xornada dará comezo ás 12:00 horas na estación de ferrocarril de Laxosa, desde onde partirá unha marcha ata o lugar no que se instalará a placa conmemorativa. O percorrido realizarase acompañado polo grupo Legua Dereita, que interpretará unha alborada durante o camiño, nun ambiente de lembranza e respecto.

Unha vez no punto de colocación da stolpersteine, desenvolveranse diversas intervencións institucionais, musicais e testimoniais. O alcalde do Corgo, Felipe Labrada, e a concelleira Pilar Bellón tomarán a palabra xunto a Miguel Freire, voceiro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, e Isabel de la Cruz, sobriña de Rafael Pardo Vales. O acto contará tamén cunha intervención musical a cargo de Carolina Barbeito de la Cruz e cunha lectura poética da escritora Mónica Caldeiro.

A colocación da placa realizarase mentres o grupo Legua Dereita interpreta a peza “Muiñeira de Piadela”, pechando así o momento central da homenaxe, que concluirá cun xantar de confraternidade entre as persoas asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.079636096954346