O Corgo rendeu homenaxe a Rafael Pardo Vales coa colocación dunha stolperstein

LugoXa
O acto institucional lembrou ao veciño de Laxosa, vítima do campo nazi de Mauthausen, nunha xornada cualificada como inesquecible
homenaxe-Rafael-Pardo-Vales-O-Corgo
Actualizada el 31 enero 2026, 19:30 horas
30 Jan 2026

O Concello do Corgo celebrou un acto institucional para a colocación dunha stolperstein en lembranza de Rafael Pardo Vales, veciño do municipio e vítima do campo de concentración nazi de Mauthausen. A homenaxe converteuse nunha xornada de forte carga emotiva e simbólica, na que se puxo en valor a memoria histórica e o compromiso colectivo coa lembranza das vítimas do nazismo.

Desde o BNG destacaron o carácter especial dun acto que levaba anos sendo agardado e que, segundo sinalaron, quedará para sempre na memoria da veciñanza. A colocación da stolperstein supón un recoñecemento público á figura de Rafael Pardo Vales e unha forma de manter viva a súa historia no espazo cotián.

A homenaxe foi posible grazas ao traballo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, á colaboración do Concello de O Corgo e á disposición da familia de Rafael Pardo, en especial da súa sobriña Isabel, que permitiu a celebración deste acto.

No evento participaron tamén representantes de distintas asociacións, a Asociación de Veciños de Laxosa “Airamonte”, amizades, compañeiras e compañeiros de corporación, así como veciñas e veciños de Laxosa e doutras parroquias do concello, que quixeron acompañar este exercicio de memoria e dignidade colectiva.

⚙ Configurar cookies
0.08511209487915