O Corgo: Ruta do Bosque da Fervenza

LugoXa
Este fermoso roteiro no Corgo de 3,5 quilómetros que nos permitirá coñecer o bosque da Fervenza é para todos os públicos
Ruta fervenza corgo
26 Xuño 2023

Un roteiro de 3,5 quilómetros que nos permitirá coñecer o bosque da Fervenza e de fácil recorrido que o fai apto para todos os públicos.

O concello do Corgo conta dentro do seu patrimonio natural cun paraxe único, enmarcado dentro da Reserva da Biosfera e ubicado no curso alto do río Miño, o bosque da Fervenza. Este bosque autóctono e centenario conta con carballos de máis de 300 anos e ademais é un dos bosques de inundación máis importantes que quedan dentro da península ibérica que conta cun bo estado de conservación e onde predominan amieiros, carballos, freixos e salgueiros.

Para coñecer en profundidade este bosque podemos percorrelo a través da Ruta da Fervenza, cun total de 3,5 quilómetros e cunha dificultade baixa que o fai apto para todos os públicos.

A ruta da comezo na Casa rural da Fervenza e discorre durante os máis de tres quilómetros pola veira do río Miño. Unha vez teñamos recorridos os primeiros cen metros atoparémonos co muíño, do século XIX e que estivo en funcionamento ata os anos 70 snedo un punto importante para a zona en distribución de grao.

Unha vez deixamos a casa rural e o muíño atrás, a uns douscentos metros, atoparemos unha zona de baño, sen embargo esta non é unha ruta única xa que varios camiños levan ata diferentes charcas que se atopan entre as rocas e o verde da vexetación de ribeira.

O bo trazado do camiño e das súas derivacións permiten que ao longo de todo o percorrido poderanse atopar diferentes variantes desta pequena ruta que permiten percorrer o terreo ao noso antollo por uns e outros, inventando o roteiro que máis conveña e sen o temor de perderse.

Tras desfrutar dun baño no río Miño podemos continuar o roteiro ata chegar, se a estación do ano o permite, as diferente zonas onde o río anega o bosque. Este camiño percorre a veira do río ata a desembocadura do río Neira e a estrada que será o punto de regreso.

Para os máis aventureiros e que dispoñan de tempo existe a posibilidade de descubrir a paisaxe do río Miño realizando a ruta dende Lugo, andando ou en bicicleta, a través dunha pista de quince quilómetros sen apenas pendente e que nos levará a unha viaxe entre bosques de ribeira, muíños, illas, paisaxes rurais e o río.

É recomendable realizar esta ruta en diferentes épocas do ano para poder presenciar todos os cambios que se producen na paisaxe co paso das estacións.

Ruta Corgo Fervenza
Ruta corgo fervenza 2
Bosque fervenza ruta corgo
0.2463538646698