O Coro do Hospital ofrece mañá un concerto na Delegación da Xunta

LugoXa
O Coro do Hospital de Lugo ofrecerá este xoves, día 28, un concerto gratuíto no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta.
coro hospital lugo
27 Sep 2023

O Coro do Hospital de Lugo ofrecerá este xoves, día 28, un concerto gratuíto no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta. O delegado territorial, Javier Arias, e o director da agrupación, Fernando Gómez Jácome, informaron dos detalles da actuación, que comezará ás 19.00 horas.

A primeira parte do repertorio, titulada O cantar da nosa lingua, consta de doce pezas do cancioneiro tradicional galego, desde cantigas de Martín Codax ata as adaptacións de Negra Sombra de Rosalía de Castro ou Quen puidera namorala, de Cunqueiro. A segunda parte, Arxentina, quinta provincia, presenta catro temas populares de Latinoamérica.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18408012390137