O CPI de Cervantes realizará unha saída de identificación arbórea
LugoXa
O alumnado do CPI de Cervantes ten organizada para o xoves unha saída de identificación de árbores autóctonas da zona dos Ancares.
17 Maio 2022
O alumnado do CPI de Cervantes ten organizada para o vindeiro xoves, 19 de maio, unha saída de identificación de árbores autóctonas da zona dos Ancares.
Esta actividade forma parte da programación que a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, organizou para o segundo trimestre do ano.
Con esta saída do alumnado rematan as actividades no Concello de Cervantes. Con todo, o 4 de xuño terá lugar un curso de cestería para público adulto no municipio de Navia de Suarna. Por último, Becerreá acollerá un campamento científico do 27 ao 30 de xuño.
Para estas dúas últimas actividades é preciso reservar praza no 982 227 812 ou no mail ancareslucenses@deputacionlugo.org.