O CPI Plurilingüe Navia de Suarna organiza a carreira de San Silvestre que será o 21

A terceira edición da Ancares Cycling Marathon pasará polos concellos de Pedrafita, Becerreá, Navia, Cervantes e As Nogais
19 Dec 2023

O CPI Plurilingüe Navia de Suarna organiza a carreira de San Silvestre que será o xoves 21 de decembro a partir das 11.00 horas.

A saída farase desde a praza da Vila e máis tarde, ás 12.00 horas, serán as badaladas con uvas. Dende a organización din que "venderemos uvas, calendarios e rifas para axudar a excursión do alumnado de primaria e da ESO".

"Agradecemos a confirmación da asistencia para ir preparando as uvas", e tamén recomendan ir disfrazado.

0.20943307876587