O CPR Divina Pastora - Salesianos Lugo desenvolveu a iniciativa 'Arte na rúa'

LugoXa
O proxecto, que se desenvolveu ao final do segundo trimestre culminou cunha exposición colectiva nos espazos do centro educativo
Arte-na-Rúa-Salesianos-Lugo
22 Apr 2025

O CPR Divina Pastora - Salesianos Lugo puxo en marcha 'Arte na rúa', un proxecto artístico e educativo que transforma os espazos cotiás nun museo ao aire libre.

Dende a etapa de Infantil, que se inspira na obra de Piet Mondrian para traballos colectivos a partir das fotos do propio alumnado, ata Secundaria, que realiza intervencións artísticas con mensaxes sociais e contemporáneas, o proxecto busca que cada idade exprese a súa visión do mundo a través da arte.

Todo o alumnado do centro participou nunha iniciativa que busca achegar a arte á comunidade, fomentar a creatividade e poñer en valor o talento dos nosos nenos, nenas e adolescentes.

O proxecto, que se desenvolveu ao final do segundo trimestre culminou cunha exposición colectiva nos espazos do centro educativo, onde cada etapa contribuiu con obras inspiradas en artistas de diferentes épocas, estilos e lugares. Deste xeito, o alumnado mergullouse no mundo da arte a través da experimentación, a expresión plástica e a colaboración.

A actividade forma parte do compromiso do centro coa educación integral, a cultura e o respecto polo patrimonio artístico, ao tempo que fomenta valores como a cooperación, o respecto e a autoestima.

⚙ Configurar cookies
0.16817021369934