O Cross Ponte Romana acolleu en Lugo a 800 participantes nas distintas categorías

LugoXa
Águeda Marqués Muñoz, María Forero Pérez e Laura Santos Domínguez, e Eric Nzambimana, Jesús Gómez Santiago, Víctor Ruiz Orden completaron os podios da categoría absoluta
Cross-Ponte-Romana-Lugo-2024
4 Nov 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, participaron na entrega de premios do Cross Ponte Romana.

Águeda Marqués Muñoz, María Forero Pérez e Laura Santos Domínguez, e Eric Nzambimana, Jesús Gómez Santiago, Víctor Ruiz Orden completaron os podios da categoría absoluta dunha proba que reuniu 800 participantes nas distintas categorías.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou un ano máis coa organización da proba, que reuniu en Lugo, na contorna do Pazo de Feiras, algunhas e algúns dos atletas do momento no Estado e amosou a gran canteira lucense en atletismo.

0.096422910690308